Apoia O Patio Maravillas. Constrúe Madrid.


Apoya_Patio-02

* [français] * [português] * [castellano] * [català] * [english] * [euskara]  * [valencià] *

1. O pasado mes do febreiro recibimos a información de que a propiedade do edificio no que se atopa o Patio Maravilla trocara. Os voceiros da nova propiedade puxéronse en contacto coa asemblea do Patio propoñéndonos abandonar o edificio a cambio de non denunciarnos. Non aceptamos a súa proposta e, pola contra, consideramos unha posibilidade de negociación coa nova empresa propietaria. Dita negociación realizouse ao longo do pasado mes de Marzo e tivo 2 obxectivos principais. Un é o recoñecemento do Patio Maravillas como interlocutor lexítimo e suxeito de dereito sobre o edificio. Algo que formalizamos o través do asinamento dun acordo coa propiedade. O segundo é atrasar o máis posible unha denuncia por parte da propiedade. A cambio o Patio reafirmou o compromiso de manter o edificio, coidalo, etc.

Gañar tempo para evitar unha denuncia… con que obxectivo?

2. O patio é dende hai anos un dos espazos que fai cidade fronte e alén de quen a destrúe. Un espazo que no vindeiro mes de Xullo cumprirá 7 anos de vida. 7 anos nos que adicou todos os seus recursos a ser infraestrutura común dunha cidade atacada, deteriorada e despoxada dos seus espazos comúns. Unha cidade endebedada cuxos xestores venden edificios públicos a fundos voitres, tentan privatizar os seus servizos de saúde, pechan as escolas, cinemas, salas de concertos, botan á xente das súas vivendas, acaban coas zonas verdes e en fin… destrúen. Somos un exemplo ( un de moitos) da cidade que se resiste a morrer a mans da especulación e o espóleo.
Cremos que vai sendo hora de que outra cidade -a dos seus habitantes, a nosa a túa- sexa recoñecida institucionalmente e os seus dereitos sexan respectados.
Por ese motivo, lanzamos unha campaña pública para que, xunto a sociedade civil madrileña, demandemos ás autoridades municipais o recoñecemento da riqueza que producimos, dos dereitos que xeramos e do exemplo de democracia que somos. O seu recoñecemento pero tamén e sobre de todo, o seu goce común.

Como imos facelo?

3. En primeiro lugar imos solicitar por rexistro unha reunión coas áreas municipais de urbanismo e participación cidadá, así como cos responsables do distrito centro para comezar un diálogo que leve ao recoñecemento do Patio Maravillas como unha infraestrutura democrática da cidade. Dito recoñecemento pasa pola cesión de espazos públicos para realizar as actividades do patio con plena autonomía, así como pola elaboración dun estatuto común que poida servir a outros espazos da cidade para ser ( se así o desexan) recoñecidos tamén como suxeitos de dereito. Hai experiencias dabondo deste tipo tanto no estado español como en Europa, así como unha práctica de máis de sete anos, que apoian e lexitiman estas reivindicacións.
Para iso temos habilitado esta web. Axúdanos a facer visible esta demanda cidadá. Axúdanos a dicirlles que Madrid precisa de espazos como o Patio, que Madrid é noso.

Seguiremos a informar, permanezan á escoita!

Apoia O Patio Maravillas. Constrúe Madrid.

Para as adhesións de grupos, organizacións e institucións para escribir coordinacionpatio@gmail.com

[emailpetition id=”1″]

[signaturelist id=”1″]

 

 

 

Compartir